Fernández-Tapias informa da autorización de patrimonio cultural da desmontaxe da edificación na rúa Areal 34, no concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou hoxe o visto bo da Dirección Xeral á modificación da autorización do pasado mes de maio, permitindo así a desmontaxe dos elementos de pedra das medianeiras e fachada

En todo caso, sinala que o propietario deberá garantir a posterior reposición, unha vez se rehabilite o edificio, coa numeración das pezas e o seu acopio no terreo

Vigo, 1 de marzo de 2021

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ao desmontaxe da edificación situada na rúa Arenal 34, no concello de Vigo. Segundo sinalou, a propiedade do inmoble solicitou unha modificación da autorización do pasado mes de maio á que se lle da o visto bo, aínda que condicionada a unha serie de requisitos.

Deste modo, o propietario do inmoble poderá proceder a demolición da edificación declarada en ruínas e a desmontaxe daqueles elementos de pedra das medianeiras e da fachada que non garantan a seguridade dos viandantes, traballadores e construcións lindeiras. En todo caso, tal e como sinalou a delegada territorial se deberá garantir a súa posterior reposición na rehabilitación do edificio, mediante a numeración das pedras e o seu acopio no terreo.