Emigración organiza cos alumnos BEME das universidades galegas unhas xornadas formativas sobre incorporación ámbito laboral

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou as xornadas sobre formación e emprego que organiza este departamento autonómico co obxectivo de potenciar os coñecementos dos beneficiarios este ano dunha bolsa de excelencia BEME, de cara a axudalos a introducirse no mercado laboral galego, tanto por conta allea coma propia.

As xornadas iniciáronse hoxe, vía telemática, con medio centenar de alumnos galegos do exterior beneficiarios destas bolsas na Universidade da Coruña. A charla, na que colabora a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados a Galicia e contou con dous ponentes, Modesto Gómez e Belén Casal, quen tamén aportou a súa experiencia como bolseira Beme nunha edición anterior. Estas xornadas, que dan continuidade a realizada xa como benvida en setembro, realizaranse mensualmente de xeito que se poida conseguir a integración no mercado laboral galego do máximo número de bolseiros.

Imaxes relacionadas