A Consellería de Vivenda e a Secretaría da Emigración destacan a eliminación de barreiras nos seus programas para os emigrantes retornados

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron nas últimas horas unha reunión de traballo para impulsar novas medidas complementarias que permitan unha mellor integración dos galegos do exterior que queren retornar a Galicia.

Neste encontro destacouse tamén a superación das barreiras para o acceso á vivenda protexida por parte dos emigrantes retornados, que xa non teñen que cumprir os requisitos de tempo esixidos de estancia na nosa comunidade para poder optar tanto ás axudas do aluguer como as do acceso á vivenda para menores de 35 anos ou para optar a un piso de protección oficial.

Imaxes relacionadas