Trenor agradece a intensa colaboración da Garda Civil na protección do patrimonio cultural e defensa do medio ambiente na provincia

A Coruña, 10 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu esta mañá á responsable do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) na provincia e tenente da Garda Civil, Marta Vilanova.

O representante do Goberno autonómico agradeceu a excelente colaboración entre ambos organismos en relación coa protección do patrimonio cultural e defensa do medio ambiente na provincia e destacou a importancia de levar a cabo intercambios periódicos de información en relación coas últimas reformas lexislativas autonómicas que afectan directamente ás tarefas deste corpo de seguridade de Estado.

Imaxes relacionadas