A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ven de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais das provincias de A Coruña e Pontevedra

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir desta tarde dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afectará aos litorais suroeste e oeste da provincia de A Coruña e ao litoral de Pontevedra, por mar combinada do oeste con ondas entre 5-6 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións .Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Imaxes relacionadas