A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Carballás, Regueiro de Riazón e Castro, ao seu paso polo concello de Forcarei

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo en distintos tramos destes ríos no seu percorrido pola parroquia de San Miguel de Presqueiras

Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída, así como na roza selectiva limitada ao ancho da canle, en tramos ocultos pola maleza

O obxectivo é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Carballás, regueiro de Riazón e Castro, ao seu paso polo municipio da Forcarei.

Os traballos que Augas de Galicia está a executar coinciden con distintos tramos destes ríos, no seu percorrido pola parroquia de San Miguel de Presqueiras.

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, así como roza selectiva, limitada ao ancho da canle, en tramos ocultos pola maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos permite a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Imaxes relacionadas