Fernández-Tapias constata o correcto funcionamento da formación telemática da Escola Oficial de Idiomas de Vigo
2021-02-04
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Febreiro/semana-01/20210204EscolaOficialIdiomas.jpg
Vigo, 4 de febreiro de 2021
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha xuntanza coa directora da Escola de Idiomas de Vigo, Laura Torrado Mariñas, co obxectivo de coñecer a súa adaptación ás últimas restricións sanitarias que obrigan á formación telemática.
Durante o encontro, no que aproveitou para visitar as instalacións de este centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Fernández-Tapias puido constatar o correcto funcionamento da actividade docente a través das clases online.