Trenor felicita aos representantes dos centros de formación de FP pola súa eficacia na aplicación de medidas contra a covid

Ferrol, 2 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá nunha videoconferencia cos representantes dos centros integrados de FP da provincia. No encontro Trenor resaltou o “excelente traballo que están levando a cabo estes profesionais coa aplicación das medidas anticovid nos centros o que está permitindo combinar de xeito moi eficaz as clases virtuais coas presenciais”.

O delegado da Xunta recolleu as inquietudes e necesidades deste colectivo e resaltou o intenso traballo que se está facendo para garantir que a aplicación das medidas de seguridade na loita contra a covid sexa o máis eficaz posible.

Imaxes relacionadas