A Xunta recorda ao presidente da Fegamp que un modelo híbrido atrasaría o pago de axudas aos hostaleiros e que a prioridade é a axilidade

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, indicando que este modelo híbrido vai en contra do trasladado polas propias organizacións hostaleiras, asociacións de autónomos e mesmo forzas sindicais e empresariais

Ao mesmo tempo, a Xunta amosa a súa sorpresa por recibir unha misiva en nome do conxunto dos concellos galegos, habida conta de que moitos se teñen dirixido ao Goberno galego manifestando que desexan contribuír pero que consideran imprescindible que os Fondos sexan distribuídos pola Xunta

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2021

A Xunta recorda ao presidente da Fegamp que un modelo híbrido para a distribución das axudas aos hostaleiros atrasaría o pago das axudas aos hostaleiros e que a prioridade é a axilidade.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, responderon esta mañá á misiva do presidente da Fegamp indicando que o que se precisa é inmediatez na xestión para que as axudas se poidan cobrar coa máxima rapidez posible, como ocorreu no primeiro Plan de Rescate que demostrou a súa probada eficacia co reparto das axudas en 90 días.

Nesta mesma liña, os representantes do Goberno galego indicaron que este modelo híbrido proposto pola Fegamp, non conlevaría só complicacións burocráticas que o atrasarían todo, senón que tamén vai en contra do trasladado polas propias organizacións hostaleiras, asociacións de autónomos e mesmo forzas sindicais e empresariais, que desexan unha distribución rápida a través da Xunta de Galicia.

A proposta da Xunta seguindo a petición practicamente unánime do sector da hostalería e turístico, autónomos e forzas sindicais e empresariais, é comezar de inmediato a tramitación das súas axudas, ás que se unirían as das entidades locais, xa que consideran que o sistema de xanela única é más rápido e eficaz.

Ao mesmo tempo, a Xunta amosa a súa sorpresa por recibir unha misiva en nome da FEGAMP, é dicir, en nome do conxunto dos concellos galegos, habida conta de que moitos deles se teñen dirixido ao Goberno galego manifestando que desexan contribuír ao Fondo Fondo, pero que consideran imprescindible que o mesmo sexa distribuído pola Xunta de Galicia.