Un total de 13 empresas presentan ofertas para executar a mellora do firme nas estradas da provincia da Coruña AC-840 e AC-523, nas que a Xunta investirá máis de 3,6 M€
O contrato ten como obxectivo a rehabilitación integral do firme en máis de 32 quilómetros destas dúas estradas autonómicas
Na AC-523 os traballos levaranse a cabo nos treitos que transcorren polos concellos da Laracha e de Cerceda
Na AC-840 as actuación proxéctanse nos tramos que presentan maiores deterioros en Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Melide e Santiso
A Xunta continúa traballando na conservación e na mellora das estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria
Un total de 13 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de firme nas estradas da provincia da Coruña AC-840 e na AC-523, cun investimento autonómico de máis de 3,6 millóns de euros.
O contrato ten como obxectivo a rehabilitación integral do firme en máis de 32 quilómetros destas dúas estradas autonómicas.
No que se refire á estrada AC-523 os traballos levaranse a cabo nos treitos que transcorren polos concellos da Laracha e de Cerceda.
No caso da estrada AC-840 as actuación proxéctanse naqueles tramos que presentan maiores deterioroso nos termos municipais de Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Melide e Santiso.
A intervención, enmarcada no Plan de reforzos de firme impulsado polo Goberno galego, consistirá na rehabilitación da capa de rodadura nos treitos das estradas que presentan maiores deterioros.
A Xunta continúa traballando na conservación e mellora das estradas autonómicas coa fin de reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios na condución, así como contribuír á durabilidade do bo estado do firme.