Fernández-Tapias mantén un encontro coa xunta directiva da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo
2021-01-26
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Xaneiro/semana-05/20210126ReunionArvi.jpg
Vigo, 26 de xaneiro de 2021
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva da Cooperativa de Armadores de Pesca do porto de Vigo, encabezada polo seu presidente, Javier Touza.
Unha xuntanza na que tiveron a oportunidade de avaliar a situación actual que enfronta o sector pesqueiro, necesidades e problemáticas, derivadas do Brexit a longo prazo. Asemade, abordaron a coordinación das medidas de prevención adoptadas a nivel sanitario para facer fronte a crise da covid-19.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes