A primeira vacinada fronte á covid-19 en Galicia, Nieves Cabo, recibe a segunda dose, coa que comeza a segunda rolda de vacinación nas residencias

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2021

A primeira galega en recibir a vacina fronte á covid-19, Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, foi este domingo a primeira en recibir a segunda dose, ás 08,23 horas.

Ademais, foi a primeira persoa en España que completou o proceso de inmunización.

Pola súa banda, a enfermeira que vacinou a Nieves nas dúas ocasións, Yolanda Moares, foi hoxe tamén a primeira sanitaria en recibir a segunda dose da vacina fronte á covid-19 en Galicia.

Deste xeito, comezou a segunda rolda de vacinación nas residencias de maiores de Galicia.

Imaxes relacionadas