As obras de humanización de varias rúas de Xunqueira de Espadañedo comezarán nos vindeiros días
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asinou o contrato polo que se adxudica esta actuación, que será financiado ao 100% pola Xunta
As obras de humanización de varias rúas do Concello de Xunqueira de Espadañedo comezar nas próximas semanas deste ano, despois de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a empresa adxudicataria da obra (Consenor, SL) asinaran o contrato.
A actuación, adxudicada por un importe de 60.000 euros, ten por obxectivo pavimentar varios camiños públicos municipais, que na actualidade están en mal estado de conservación, xa que a súa rega asfáltica está deteriorada. Tamén se procederá á mellora da infraestrutura de drenaxe no núcleo do Barrio, pois é necesario arranxar o drenaxe transversal para evitar o deterioro do camiño.
En total, actuarase en catro puntos distintos do concello: en Xunqueira-Barrio, na Graña, na rúa Pardeconde e na de Reboreda, consistirán na demolición do pavimento asfáltico ou do formigón, demolición de muros e construción ou reconstrución dos mesmos e no recheo do firme.
Esta actuación ten por finalidade para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.