Política Social lembra as novidades do Carné Xove nunha visita á Casa da Xuventude de Sanxenxo

Sanxenxo (Pontevedra), 29 de decembro de 2020

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta tarde a Casa da Xuventude do Concello de Sanxenxo, onde lembrou as novidades do Carné Xove que será enviado de xeito gratuíto ao 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos a partir do mes de xaneiro. Pichel interesouse tamén polas actividades que desenvolven neste centro para a implicación e a mellora das ofertas formativas e profesionais da mocidade.

A directora xeral sinalou que as mozas e mozos deste concello pontevedrés beneficiaranse doutras novidades que inclúe o novo Carné Xove como son a supresión de taxas de renovación, a adhesión de comercios de proximidade e a creación dunha aplicación móbil para ter xeolocalizados os locais e descontos da contorna.

Imaxes relacionadas