Medio Ambiente concedeu axudas por un importe global de case 570.000 euros a 28 concellos para a execución de actuacións para a posta en valor das reservas da biosfera de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se publican as entidades beneficiaras das subvencións, que están incluídos no ámbito territorial dos seis espazos naturais que gozan na comunidade desta distinción

Cómpre lembrar que estas axudas compleméntanse cos incentivos para actuacións nos parques naturais e ámbitos de Rede Natura 2000

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

Un total de 28 concellos galegos resultaron beneficiarios da convocatoria de axudas para a realización de actuacións para a posta en valor das reservas da biosfera de Galicia. Así se recolle na Resolución que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe sobre as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Así, a Xunta distribúen entre os concellos beneficiarios nesta segunda convocatoria un importe global de 569.105 euros, investimentos que cada municipio destina a potenciar e poñer en valor este tipo de espazos naturais.

As axudas concedidas colaboran na posta en marcha actividades de restauración de ecosistemas naturais como prados de sega, soutos de castiñeiros ou bosques de ribeira, así como a eliminación de especies exóticas invasoras e restauración da vexetación característica; os proxectos de creación, mellora e adecuación de centros de interpretación da natureza; a sinalización, por exemplo, de zonas de caza ou pesca; a creación e mellora de sendas peonís, pasarelas, refuxios de pesca,...; os proxectos de conservación do patrimonio inmaterial (etnobotánica, folclore, música, etnoloxía, etc); a realización de inventarios/estudos sobre o seguimento e estado de conservación das especies de flora e fauna e os seus hábitats; campañas de concienciación ambiental; e actividades de información e/ou sensibilización para a conservación do patrimonio natural.

A continuación, indícanse os concellos

Provincia
Concello
Actuación
Importe
A Coruña
Paderne

A ría de Betanzos na Reserva da Biosfera.

2.757,22
Miño

Fraga do Xarío, fase II, actuación e mellora das condicións ecolóxicas, ambientais e paisaxísticas e consolidación da sendas existentes.

28.002,33
Aranga

Estado de conservación do castiñeiro no concello de Aranga.

14.918
Carral

Reforestación, estabilización de noiros e restauración bosque de ribeira río Brexa.

27.852,50
Abegondo

Centro de recepción de visitantes aula da natureza.

27.120
Cambre

Campaña de conservación da fauna e flora do concello de Cambre.

8.339,20
Sada

Actividades de divulgación e sensibilización sobre as especies exóticas invasoras do ENIL As Brañas.

11.691,25
Lugo
Cervantes

Proposta de mellora nas rutas de sendeirismo.

14.898,24
Navia de Suarna

Realización e colocación de paneis informativos para o concello.

23.923,57
Negueira de Muñiz

Adquisición e mellora dun muíño de rodo horizontal en Seira.

22.995,08
Mondoñedo

Sinalización na ruta da auga e actuación de corrección de impactos visuais.

14.860
Becerreá

Mellora do sendeiro Quintá-río Donsal, PR-G-159.

26.981,81
A Fonsagrada

Acondicionamento e mellora de sendeiros na Reserva da Biosfera Oscos-Eo e Terras de Burón.

19.042,47
A Pontenova

Posta en valor da senda peonil antiga ruta do tren mineiro.

29.890,63
Guitiriz

Recuperación e posta en valor da paisaxe do concello.

17.928,30
Guntín

Mellora de sendas peonís en Areas (mota), barrio (Mosteiro), Xubín e Leboriz.

18.290,93
Outeiro de Rei
Mellora da ruta do Miño.
29.920
Rábade

Conservación do patrimonio natural e cultural que se vai desenvolver no concello de Rábade no contorno da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

14.775,50
O Páramo

Creación dun centro de interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

13.584
Begonte

Campaña de concienciación e promoción da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

12.698
Xermade

Campaña de concienciación ambiental.

17.700
Vilalba

Campaña de concienciación e promoción da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

13.613,72
Ourense
Lobios
Mellora da senda peonil na Cela.
28.237,05
Entrimo

Creación dun centro de interpretación da natureza en Pedreira.

23.988,92
Lobeira

Mellora de senda peonil na Fraga e Baldemir.

30.000
Bande
Sinalización no concello de Bande.
24.995,51
Calvos de Randín

Sinalización de sendeiros peonís en montes de pobos.

20.000
Muíños

Mellora da senda Prado-Xermeade-enlace coa ruta dolmens de Salas.

29.999,99
 
28
 
569.105,22

Conservar o patrimonio das zonas rurais

Cómpre destacar que esta orde enmárcase nas axudas recollidas no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020 e está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e a súa finalidade é promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural de zonas rurais cun elevado e contrastado valor, como son as reservas da biosfera, unha figura de carácter internacional creada pola Unesco para mellorar a relación das persoas coa súa contorna natural.

Os concellos beneficiarios foron aqueles que teñen superficie dentro do ámbito territorial de calquera das seis reservas da biosfera de Galicia: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (ambas na provincia de Lugo); río Eo, Oscos e Terras do Burón (tamén en Lugo pero compartindo territorio co Principado de Asturias); Área de Allariz (en Ourense); As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (A Coruña); e Xurés-Gerês (a única reserva da biosfera transfronteiriza entre Galicia e Portugal).

Cómpre lembrar que as axudas para actuacións nas reservas da biosfera de Galicia non son as únicas que habilita a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; xa que se complementan con outras liñas de incentivos, como son aqueles destinados a actuacións nos parques naturais e ámbitos de Rede Natura 2000.

Imaxes relacionadas