Miranda analiza a situación dos retornados coa Asociación Mexicanos en Galicia e Madres Latinas

O secretario xeral da Emigración e estas dúas entidades acordaron por en marcha unha colaboración que se desenvolverá ao longo de 2020 para axudar aos galegos que regresan deses países

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2020

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Asociación Mexicanos en Galicia, Lucero Dámaso, e a presidenta de Madres Latinas, Luisi Mota, para analizar a situación dos emigrantes retornados a Galicia, en especial, ante a actual situación de pandemia.

Durante a reunión, analizouse a problemática dos galegos que están a volver a Galicia nestes intres e das dificultades que están a atopar para poder asentarse ante a crise da Covid-19. Neste senso, acordouse poñer en marcha unha colaboración que se irá desenvolvendo ao longo do 2020 co obxectivo de axudar a este colectivo, en especial, a aqueles galegos que regresan a Galicia e se atopan en situación de emerxencia.

Imaxes relacionadas