A Xunta mantén a súa disposición a impulsar da man do Concello de Monterroso a mellora do sistema de saneamento da depuradora municipal e a súa colaboración no confinanciamento das obras

Avanza o recente acordo co Concello, polo que Augas de Galicia redactará o proxecto de construción dun tanque de tormenta e de modificación da obra de chegada á estación de tratamento de augas residuais

Sinala que o Concello asume o cofinanciamento da obra que resulte deste proxecto

Destaca que os traballos permitirán definir con exactitude as actuacións para resolver a incapacidade hidráulica das instalacións, e mellorar o funcionamento do sistema de saneamento da depuradora municipal
 

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, destacou hoxe que a Xunta mantén a súa disposición a impulsar da man do Concello de Monterroso a mellora do sistema de saneamento da depuradora municipal, así como a súa colaboración no cofinanciamento das obras.

Na súa intervención hoxe na Comisión 2ª do Parlamento, Teresa Gutiérrez deu conta do recente acordo co Concello, polo que a Xunta redactará o proxecto de construción dun tanque de tormenta e de modificación da obra de chegada á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

Indicou que no marco desta colaboración, o Concello comprométese a asumir o cofinanciamento da execución da obra que resulta do proxecto construtivo.

A directora de Augas de Galicia sinalou que os traballos resultantes da redacción do proxecto terán como obxectivo definir con exactitude as actuacións para resolver a incapacidade hidráulica das instalacións, onde o caudal de auga tratada supera significativamente o caudal medio de deseño, así como mellorar o funcionamento do sistema de saneamento da depuradora municipal.

Teresa Gutiérrez explicou que coa redacción deste proxecto, desde a Xunta atendese á solicitude do Concello, que en novembro de este ano presentou un estudo da súa rede de saneamento, realizado coa concesionaria municipal, cunha memoria valorada na que propón unha serie de actuación para mellorar a xestión das augas pluviais.

Referiuse así a como o estudo da concesionaria, que explota e coñece as necesidades da rede municipal, permite incidir na orixe das deficiencias da rede de saneamento, sendo o paso determinante previo para poder actuar con posterioridade na mellora da estación depuradora de augas residuais.

A directora de Augas de Galicia puxo en valor a demostrada vontade de axuda e de apoio da Xunta aos concellos nos servizos de saneamento e depuración, de competencia municipal. Isto, subliñou, e compatible coa colaboración que poden e deben prestar a estes servizos outras administración, como o Estado e a Deputacións.