A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun Catálogo de Nadal

A Fundación Artesanía de Galicia recolle nunha publicación online as propostas de 111 obradoiros da marca para fomentar as compras durante estas datas

Co lema “Artesanía de Galicia. Talento para regalar”, anímase a confiar nos oficios artesanais, no talento local e na calidade do sector

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación impulsa a comercialización das pezas da marca Artesanía de Galicia durante este Nadal, a través dun catálogo de produtos elaborados por 111 obradoiros artesáns galegos e no que se inclúe información sobre os seus puntos de venda. A publicación, de carácter online, está dispoñible a través da web da Fundación Pública Artesanía de Galicia tanto para consulta como para descarga.

Co lema Artesanía de Galicia. Talento para regalar, a Xunta anima a confiar na artesanía de proximidade, na economía circular, no talento artesán galego, no feito en Galicia e na calidade. Entre os oficios que están representados atópanse a cerámica e a olería, o traballo co coiro, o téxtil, a elaboración de redes, os arranxos florais, o calzado, o cartón pedra, a elaboración de zocos, a serigrafía, a encadernación, os instrumentos musicais, as figuras tradicionais de miga de pan, a cestería, a madeira, a elaboración de lámpadas, os xoguetes, a xoiería, a bixutería, o vidro, os complementos elaborados con cunchas e o traballo coa pedra.
 
Os obradoiros que están a participar nesta iniciativa de fomento da comercialización do produto artesán galego da provincia da Coruña son Adria Florería (Brión), Almanac Studio (Cambre), Amorote (Ames), Ardentia (Bergondo), Arobe cerámica (A Coruña), Belategui Regueiro (Cambre), Boina Galega (Santiago de Compostela), Brigantia Orfebres (Santiago de Compostela), Bulideira (Santiago de Compostela), Carla Alfaia (A Coruña), Charamusca (Carnota), Conloquetengo (As Pontes), Fernando Gallego (Serra de Outes), Joyas Siliva (A Coruña), Kinga Haudek (Santiago de Compostela), Latonta y Larubia (Santiago de Compostela), Laura Delgado (Cambre), Laura Triñanes (Santiago de Compostela), Milena Colella (Santiago de Compostela), Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), Degerónimo (Santiago de Compostela), Deica Creacións (Santiago de Compostela), D-Raíz (A Coruña), El Arce Imaginario (A Coruña), Esther Ferreiro (Santa Comba), Floriforma (Teo), FranFret (A Coruña), Ilex Talla (Santiago de Compostela), Ío Obradoiro Téxtil (Santiago de Compostela), Jatafarta (Santiago de Compostela), Jorge Bellón (Cedeira), Lorenzo Design (Santiago de Compostela), Maranxo (Muxía), Nacho Porto (Carnota), Oitenta (A Coruña), Olería Aparicio (Malpica de Bergantiños), Pablo Carpintero (Santiago de Compostela), Pedras Artesanía e Patrimonio (Rianxo), Redeiras Illa da Estrela (Ponteceso), Rosa Higuero (Cabanas), Silvereira (Ames), Tejeluz (Boiro), Unzueta Cerámica (Brión), Vacatola (Ferrol), Wooding (Boiro) e Xiana Cobo (Santiago de Compostela).

Os representantes da provincia de Lugo neste catálogo de pezas de Artesanía de Galicia son Aldea Artesán de A Fraga (Xermade), Calzados Losal (Monforte de Lemos), Crisol (Viveiro), Enxógate (Quiroga), Fusaiola (Vilalba), Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), La Bellota Mágica (Lugo), Milbrumas (Lugo), Pilar Cupeiro (Cospeito), Santiago Besteiro (Monterroso), Regal Cerámica (Viveiro), Taller Patapúm (Quiroga), Teresa Lamela (Monforte de Lemos), Tres Caracoles (Lugo).

Na provincia de Pontevedra traballan os talleres Adanegra (A Guarda), AI Joyas de Autor (Vigo), Amorei (Soutomarior), Ana Castro (Silleda), Ana Méndez Cerámica (Pazos de Borbén), Apamp (Vigo), Areladefe (Oia), Artesanía Silvent (Caldas de Reis), Atalanta Madera (A Estrada), Bisutetoka (Vigo), Cabuxa (Tui), Cavalinho do Demo (Fornelos de Montes), Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas), CerámicaQ (Gondomar), Coas mans artesanía (Silleda), CoIRaxe (Vigo), Coiro enxebre (Gondomar), Como Pez en el agua (Vigo), Cuaderna Maestra (Pontecaldelas), Druida (A Estrada), Elena Ferro (Vila de Cruces), Fernando Porto (A Estrada), Gaitas Gil (Ponteareas), Joyas de papel (Nigrán), Joyería Covelo (O Porriño), Hiel de Buey (Vigo), Hollymara (Redondela), Las Flores de Greta (Gondomar), Leónlagata (Sanxenxo), LiaB (Sanxenxo), Mario López (Vigo), Mario Coiro (A Estrada), Mar Barral (Catoira), Marta Armada (Vigo), Misoco (Vigo), Montse Betanzos (O Grove), Muchachicha (Cerdedo-Cotobade), Ojea Studio (Vigo), Paseloqpase (Ribadumia), Pilar Rodal (Vigo) e Zimzelatum (Gondomar)

No tocante á provincia de Ourense, os obradoiros artesáns que participan neste catálogo son Aixiña (Ourense), Barreiros Artesanía (Nogueira de Ramuín), Eva María Muñoz Pablos (Barbadás), Inés Rir&Co (Allariz), La Aguada (Ribadavia), Lumecú (Vilar de Santos), Moura (Maceda), O Covil de Chus (Ourense) e Xabier Artesanal (O Pereiro de Aguiar).

Imaxes relacionadas