Política Social apoia os Xogos Autonómicos de campo a través e petanca organizados por Special Olympics en Guitiriz

Guitiriz (Lugo), 12 de decembro de 2020

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe no municipio lucense de Guitiriz á inauguración dos XXIII Xogos Autonómicos de campo a través e petanca organizados por Special Olympics, que se desenvolven no campo de fútbol Noreña Basalta.

O responsable autonómico destacou a importancia que ten o deporte como ferramenta para favorecer a plena inclusión e a igualdade de oportunidades. Neste sentido, gabou o traballo que realiza Special Olympics neste ámbito, que valorou como fundamental para dar visibilidade a estas persoas e concienciar á sociedade en xeral.

Imaxes relacionadas