A furgoneta-plató do voluntariado chega a Vigo para difundir o amplo abano de propostas solidarias da Xunta de Galicia

Vigo, 11 de decembro de 2020

A campaña de promoción da acción voluntaria que está a desenvolver a Consellería de Política Social nas cidades galegas con motivo do Día Internacional do Voluntariado, baixo a lenda O voluntariado non para, chegou hoxe a Vigo. A directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, acompañada da delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade olívica, Marta Mª Fernández-Tapias Núñez, visitou esta mañá a furgoneta-plató do Voluntariado, que estivo estacionada diante da sede administrativa da Xunta, para difundir o amplo abano de proxectos solidarios que leva a cabo a Administración autonómica.

Desde este punto móbil ofreceuse información e entregouse material de promoción sobre as accións que o Goberno galego leva a cabo neste ámbito. Tamén se realizou unha entrevista a María José Fernández Menéndez, enfermeira xubilada que leva moitos anos colaborando activamente coa Asociación Solidaria de Galicia (Asdegal) e que contou as súas experiencias como voluntaria. Esta conversa emitiuse en streaming a través da canle de Facebook de Voluntariado Galego.

Imaxes relacionadas