A Xunta entrega 9 condecoracións ao mérito policial a axentes da Policía Autonómica

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, participaron no acto, que este ano debido á covid-19 se celebrou na Dirección Xeral con tódalas medidas de prevención e aforo reducido

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, fixeron hoxe entrega das 9 condecoracións ao mérito policial con distintivo branco concedidas polo Ministerio do Interior a axentes de diferentes escalas da Policía Autonómica pola súa actuación singular e extraordinaria coa que contribuíron a aumentar o prestixio deste corpo de seguridade.

Debido á situación sanitaria derivada da covid-19, non houbo celebración oficial e aberta a cidadanía como en anos anteriores, e nesta ocasión levouse a cabo na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, onde se entregaron as cruces con distintivo branco aos axentes nun acto simbólico e de aforo reducido con tódalas medidas de prevención ante o coronavirus.

Ademais, no apartado de recoñecementos a profesionais alleos ao corpo de seguridade, distinguiuse tamén coa mesma condecoración ao coordinador xeral da empresa Sasegur.

Imaxes relacionadas