A furgoneta-plató do voluntariado recala en Pontevedra para difundir o amplo abano de propostas solidarias da Xunta de Galicia

Pontevedra, 7 de decembro de 2020

A campaña de promoción da acción voluntaria que está a desenvolver a Consellería de Política Social nas cidades galegas con motivo do Día Internacional do Voluntariado, baixo a lenda O voluntariado non para, chegou hoxe a Pontevedra. A delegada territorial da Xunta, Luisa Piñeiro, visitou esta tarde a furgoneta-plató do Voluntariado que estivo estacionada na contorna da praza da Peregrina para difundir o amplo abano de proxectos solidarios que leva a cabo a Administración autonómica.

Desde este punto móbil ofreceuse información e entregouse material de promoción sobre as accións que o Goberno galego leva a cabo neste ámbito. Tamén se realizou unha entrevista a Raúl Santamaría, integrante da Asociación Xuvenil Arousa Moza, que contou as súas experiencias como voluntario. Esta conversa emitiuse en streaming a través da canle de Facebook de Voluntariado Galego.
 

Imaxes relacionadas