A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue chama á cidadanía a doar na ponte festiva de decembro

As unidades móbiles de ADOS visitarán esta semana máis de 40 concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos dos nosos hospitais

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da ponte festiva do mes de decembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns do tipo A Positivo, xa que, no transcurso das últimas semanas, detectouse un aumento das necesidades deste grupo sanguíneo. Neste sentido, lembrar, ademais, a importancia da necesidade de incrementar nos vindeiros días o número de doazóns dos demais grupos, e especialmente do Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal.

Os períodos vacacionais e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación da ciudadanía, xa que pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Neste sentido, lembrar que, todos os días do ano, precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir os compoñentes sanguíneos que necesitan os nosos hospitais.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo destes días, máis de 40 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

ADOS agarda contar de novo coa solidariedade e colaboración da cidadanía e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Luns 7 de decembro

Praza de España (Ferrol), Cambre, Oseiro e Pastoriza (Arteixo), Bertamiráns (Ames), Arzua, Marín, Nigrán, Baiona, Alfoz, Ronda das Fontiñas (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)

Mércores 9 de decembro

Alcampo (Ferrol), Campus de Elviña e Barrio de Labañou (A Coruña), Ponteceso, Santa Comba, Palmeira (Ribeira), Cuntis, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Pazos de Borbén, Chantada, Petín, Larouco, Barrio do Vinteún (Ourense)

Xoves 10 de decembro

Miño, Repsol A Coruña, Urbanización Matogrande (A Coruña), Carral, O Milladoiro (Ames), Praza de Galicia (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Moraña, Rúa Rosalía de Castro/Arenal (Vigo), Zona As Travesas (Vigo), Ribadeo, Campus de Ourense

Venres 11 de decembro

As Pontes, Repsol A Coruña, Cantón-Obelisco (A Coruña), Barrio do Ventorrillo (A Coruña), Noia, Centro comercial As Cancelas (Santiago), Ribadumia, Porriño, Zona As Travesas (Vigo), Viveiro, Ribadavia

Sábado 12 de decembro

As Pontes, Cantón-Obelisco (A Coruña), Noia, Catoira, Porriño, San Cosme de Barreiros

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL

Luns das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO

Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE

Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas

Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

Imaxes relacionadas