A Xunta sinala a declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio Mundial da Unesco como un fito histórico para Galicia

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na xornada con motivo do 35º aniversario da Declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio Mundial da Unesco, unha declaración que sinalou como un fito histórico para toda Galicia. Neste sentido, explicou que o patrimonio compostelán, coa Catedral como principal referente, é sentido como propio por todas as galegas e galegos.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, participou tamén nesta conmemoración, tomando parte da mesa de debate O patrimonio da UNESCO en Galicia: múltiples experiencias de xestión. Os actos desenvolvéronse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.

Imaxes relacionadas