Trenor destaca o traballo do Club Sada Pantín para poñer en valor o deporte de velocidade con patín en liña

Sada (A Coruña), 2 de decembro de 2020

O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta tarde as instalacións do Club Sada Patín, especializado en velocidade con patín en liña que participa na liga nacional e nos diferentes campionatos e copas de España desta especialidade. Tamén conta con deportistas que participaron en competicións coa selección nacional.

Trenor coñeceu de primeira man o proxecto deste club que ten algo de máis de 50 asociados e que contou nos últimos anos con apoios da Xunta de máis de 40.000 euros para poder realizar as súas actividades e asistir a competicións. Concretamente, este ano está previsto que reciban máis de 8.000 euros para apoiar a súa participación en campionatos.

O delegado da Xunta comprometeuse a seguir colaborando con esta entidade e puxo en valor o excelente traballo realizado polos clubes que traballan para dar a coñecer e apoiar aos deportes minoritarios.

Imaxes relacionadas