O secretario xeral de Cultura demanda ao Goberno do Estado medidas concretas de apoio ao sector como as establecidas pola Xunta no seu plan de reactivación
2020-11-23
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2020/Novembro/semana-04/20201123AnxoLorenzoComisionAsuntosCulturais.jpg
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020
O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, demanda ao Goberno do Estado que articule medidas concretas e específicas de apoio ao sector cultural na liña das establecidas no Plan de reactivación do sector cultural da Xunta de Galicia, dotado con máis de 26 M€. Así o expuxo hoxe na reunión da Comisión sectorial de Asuntos Culturais, na que participan o Goberno e as CCAA, e na que se abordou, entre outros, o impacto da crise sanitaria no sector cultural.