A Xunta entrega os premios das Catas de Galicia correspondentes á denominación de orixe Ribeira Sacra
Este ano participaron un total de 70 mostras pertencentes a 30 adegas inscritas a este selo de calidade
O vindeiro día 19 na Cidade da Cultura entregaranse as distincións das augardentes e licores tradicionais canda os galardóns aos mellores viños tinto e branco, cumprindo estritamente as medidas sanitarias pola covid-19
Representantes da Consellería do Medio Rural desprazáronse esta tarde á sede da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para facer entrega dos premios das Catas de Galicia relativas a este selo de calidade. Detallamos a continuación os gañadores das distintas categorías:
D.O. RIBEIRA SACRA Viños tintos | |
MARCA PREMIADA E ADEGA | |
1º POSTO E ACIO DE OURO | PRÓMINE- BODEGAS PETRÓN, S.L. |
2º POSTO E ACIO DE PRATA | PEZA DO REI – ADEGA CACHÍN, S.C. |
COLLEITEIRO E PEQUENAS ADEGAS TINTO | |
MARCA PREMIADA E ADEGA | |
1º POSTO E ACIO DE OURO | ACIVRO- ADEGAS SALVADUR, S.L. |
ELABORACIÓNS CON MADEIRA TINTO | |
MARCA PREMIADA E ADEGA | |
1º POSTO E ACIO DE OURO | ACIVRO. – ADEGAS SALVADUR, S.L. |
2º POSTO E ACIO DE PRATA | TRADICIÓN. ADEGA VELLA – JORGE FEIJOO GONZÁLEZ |
Así, cabe sinalar que nas Catas de Galicia deste ano participaron un total de 348 mostras, 125 de tintos e 223 brancos, pertencentes a 143 adegas. No tocante á denominación de orixe Ribeira Sacra, participaron 70 mostras pertencentes a 30 adegas.
Ademais, o luns farase a entrega de acios á última denominación de orixe vitivinícola, a das Rías Baixas. Xa para rematar, o xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.