A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visita a congregación das Misioneiras de María Mediadora en Gondomar

Gondomar (Pontevedra), 11 de novembro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata a parroquia de San Martín de Borreiros (Gondomar) para visitar á congregación das Misioneiras de María Mediadora.

A representante autonómica, acompañada pola superiora María José Argüelles, tivo oportunidade de coñecer as instalacións e visitar a escola infantil San José subvencionada pola Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas