O 061 de Galicia asistiu a 47 persoas por 39 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 6 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 8 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 50 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 9 de novembro de 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 47 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 6 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 8 de novembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o venres con 17 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 39 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 47 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57% e do 43% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34% dos atendidos tiña entre 20 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña rexistrou 22 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes

A Coruña

22
Lugo
4
Ourense
1
Pontevedra
12
Galicia
39

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 43. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente As ambulancias convencionais atenderon nunha ocasión.

En 39 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.