Trenor visita a escola canina Método Guau especializada no adestramento de cans detectores e protectores

Teo (A Coruña), 4 de novembro de 2020

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta tarde as instalacións da escola canina Método Guau no concello de Teo, dirixida polo adestrador Pedro Salas Díaz, membro da Federación Española de Cans Detectores. No encontro tamén estivo presente a representante da Plataforma Somos Pet Friendly. Mónica Cubeiro e Ánxel Molla, director do Método Guau.

O representante do Goberno autonómico coñeceu de primeira man o o traballo que son capaces de realizar estes animais en materia de detección e seguridade e interesouse polos estudios experimentais que se están realizando para analizar a posibilidade de que poidan detectar o Covid-19, aínda nunha fase moi inicial.
 

Imaxes relacionadas