O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Toén

O novo representante do Goberno galego analizou co rexedor as demandas deste municipio relacionadas coa administración autonómica

Ourense, 2 de novembro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de Toén, Ricardo González, reuníronse esta mañá para revisar os investimentos e proxectos executados a través da colaboración entre ambas as dúas administracións, así como para analizar futuros proxectos.

Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de contactos cos alcaldes da provincia que Alén Castro, logo da súa toma de posesión como representante do Goberno galego, está a levar a cabo co obxectivo de coñecer a realidade e as necesidades dos municipios ourensáns.

O delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de infraestruturas, abastecemento e deportivos, entre outros.

Ademais, na xuntanza fixeron un balance dos recentes investimentos realizados pola administración autonómica, tales coma a posta en marcha dunha aldea modelo en Trelle, a mellora de camiños municipais, acondicionamento do espazo público en Mugares, así como actuacións para a mellora das infraestruturas turísticas no concello.

Finalmente o rexedor agradeceu ao delegado este encontro e destacou o seu carácter municipalista, ao proceder dunha alcaldía dun pobo do rural, o que, na súa opinión, facilita o coñecemento das necesidades dos pequenos concellos.

Imaxes relacionadas