A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación da rede de saneamento no núcleo da Torre Vella, no Concello de Cerdedo-Cotobade

Este contrato, cun investimento de case 14.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 meses

Definirá a nivel construtivo a ampliación da rede neste lugar da parroquia de Tenorio, para o que será necesario executar varios tramos de colector que completen a rede actual

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que presten de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, de competencia municipal
 

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto de ampliación da rede de saneamento no lugar da Torre Vella, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Este contrato, cun investimento autonómico de case 14.000 euros, foi adxudicado á empresa Serye Ingenieros, SL. O prazo de execución das tarefas é de 2 meses.

Con este traballo dáse resposta á solicitude do Concello para a ampliación da rede de saneamento neste núcleo da parroquia de Tenorio, dando continuidade á rede xa existente.

A actuación obxecto deste contrato consiste en definir, a nivel construtivo, a ampliación da rede de saneamento, para o que será necesario a execución de varios tramos de colector que completen a rede actual.

Ademais, previo ó desenvolvemento do proxecto construtivo, estudiarase tamén a necesidade e viabilidade de completar a rede de dito lugar; pasando a formar parte do proxecto construtivo de considerarse necesario.

A Xunta mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia municipal.

No seguinte esquema amósanse os colectores (tramos do nº1 ó nº7) que, como mínimo, deberán incluírse no proxecto construtivo: