O Campionato Galego sub 15 de Bádminton comeza mañá como “outra mostra máis da reactivación do deporte galego”
“Puxéronse os medios para que Galicia sexa un espazo seguro e Galicia ten un deporte seguro polo que os deportistas galegos poderán competir de forma segura e tamén desprazarse por Galicia cando o esixa os adestramentos ou competicións”
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe na presentación do Campionato Galego de Bádminton sub15.
Nas súas verbas, o mandatario galego falou do máis de medio milleiro de eventos deportivos que tiveron lugar en Galicia desde que a comunidade saíu do estado de alarma o pasado luns 15 de xuño, sendo este campionato galego de bádminton un máis. “Esta situación do deporte galego débese ao traballo coordinado de todo o tecido deportivo, así como a responsabilidade e a solidariedade de todas as federacións que xa contan cos seus protocolos de actuación”; apuntou.
Respecto ás medidas tomadas pola Xunta, Lete Lasa asegurou que “en Galicia queremos deporte seguro e por iso tomamos a decisión de xogar con máscara”. “Puxéronse os medios para que Galicia sexa un espazo seguro e Galicia ten un deporte seguro polo que os deportistas galegos poderán competir de forma segura e tamén desprazarse por Galicia cando o esixa os adestramentos ou competicións”, engadiu.