O conselleiro de Sanidade, o xerente da EOXI de Vigo e a delegada territorial analizan a situación sanitaria da área

Vigo, 28 de outubro de 2020

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o xerente da EOXI de Vigo, Francisco Javier Puentes, veñen de reunirse na delegación territorial co obxectivo de analizar a situación clínica da área derivada da situación da pandemia.

Unha xuntanza de traballo que se enmarca na rolda diaria que o conselleiro mantén cos responsables das distintas área sanitarias de Galicia co obxectivo de avaliar a situación dos municipios. Cómpre lembrar que estas reunións son complementarias as dúas convocatorias semanais que mantén o Comité Clínico de Expertos.

En este sentido, toda vez que o número de positivos mantén a tendencia ao alza no caso concreto de Vigo, aínda que a situación mantense controlada xa que a capacidade asistencial nos centros hospitalarios da área está garantida, o conselleiro quixo informar de primeira man a delegada territorial, como así o fixo previamente co alcalde de Vigo.
 

Imaxes relacionadas