A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Salceda

A nova representante autonómica analizou coa alcaldesa desta localidade, Dolores Castiñeira, os temas relacionados coa Administración galega

Salceda de Caselas (Pontevedra), 28 de outubro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, e o seu equipo de goberno, no marco das visitas institucionais que está a realizar tras tomar posesión como nova representante do Goberno autonómico na cidade.

No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para este concello en materia de educación, saneamento ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza as representantes autonómica e local fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades desta localidade que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas