O vicepresidente primeiro reúnese coa Asociación galega de cámpings
2020-10-26
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Asociación galega de cámpings. No encontro tamén participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Este encontro inscríbese na rolda de contactos que o vicepresidente está mantendo co sector turístico para coñecer as súas demandas e manter unha interlocución directa co sector ante as complexas circunstancias ás que teñen que facer fronte por mor da pandemia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes