Trenor animou aos novos graduados do CESUGA a iniciar a súa nova etapa laboral con ilusión para afrontar as dificultades

A Coruña , 23 de outubro de 2020

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto de graduación da XXII Promoción de Administración e Dirección de Empresas, da II Promoción de Publicidade e Relacións Públicas, da II Promoción de Tradución e Comunicación Intercultural e da VIII Promoción de Arquitectura do CESUGA.

Na súa intervención puxo en valor a ensinanza recibida polos alumnos que hoxe se gradúan porque este Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia, adscrito á Universidade San Jorge, ten como principal característica aplicar unha metodoloxía é moi práctica, seguindo o modelo anglosaxón, con moito traballo en equipo e casos prácticos e en colaboración directa coas empresas.

Neste senso, animou “a todos os alumnos, que remataron os seus estudios, a iniciar unha nova etapa, un novo camiño para ser o mellor profesional e traballar no que máis lles gusta a pesar do difícil momento que está tocando afrontar con moitas dificultades”.

Trenor expresou o seu desexo de que” todos os graduados hoxe teñan unha experiencia laboral chea de oportunidades e de éxitos porque os vosos éxitos serán os éxitos de Galicia”.

Imaxes relacionadas