A Xunta somete a consulta pública a revisión dos mapas de risco de inundación da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021- 2027

Establécese un período de tres meses, que comezarán a contar desde mañá, no que se poderá consultar os mapas a través do visor da web de Augas de Galicia e realizar as achegas correspondentes

A consulta inclúe os mapas de risco e perigosidade para o período 2021-2027 e engade o detalle da delimitación das zonas de protección e fluxo preferente das augas

A Xunta, no marco da preparación ante os desafíos do cambio climático, continúa a acoutar as zonas de risco potencial de inundacións, desde unha perspectiva integral e multidisciplinar que axude á prevención e protección

Imaxes relacionadas