O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Avión e co alcalde de Sandiás

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

Ourense, 23 de outubro de 2020

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasións, reuniuse co alcalde do Concello de Avión, Antonio Montero e co alcalde do concello de Sandiás, cos que analizou as principais demandas destes municipios en relación á administración autonómica.

No caso do municipio de Avión, o delegado tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de abastecemento, deportivos e infraestruturas, entre outros.

No caso de Sandiás, os principais asuntos que repasaron o delegado e rexedor, Felipe Traveso, foron en materia de infraestruturas varias para o concello. O delegado destacou recentes inversións como a mellora da eficiencia enerxética na casa do concello, das infraestruturas do PAI así coma en materia de prevención e defensa contra incendios.


Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
 

Imaxes relacionadas