A Xunta anima a mercar nas florarías locais de cara á campaña de Defuntos e a adiantar as compras para evitar aglomeracións

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe o establecemento El Jardín de Juan XXIII, onde sinalaron a importancia de conciliar a tradición coas necesarias medidas de prevención

A Consellería de Sanidade traballa na elaboración dun novo protocolo específico de cara a esta celebración

Ourense, 22 de outubro de 2020

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a floraría ourensá El Jardín de Juan XXIII, onde animou á cidadanía a mercar nas florarías locais de cara á campaña de Defuntos, contribuíndo así á reactivación dun sector que obtén nestas datas unha importante porcentaxe da súa facturación anual.

No acto, no que participou o responsable do establecemento, Juan de Dios Manso, que é tamén o presidente da Asociación de Floristas de Ourense e Provincia, a directora xeral de Comercio e Consumo sinalou que, para conciliar a tradición do Día de Defuntos coas necesarias medidas de prevención, cómpre espazar ao longo do mes de outubro e de novembro tanto as compras dos arranxos florais como as visitas aos cemiterios.

O obxectivo é evitar as aglomeracións no actual contexto de crise sanitaria. Neste sentido, a Consellería de Sanidade traballa na elaboración dun protocolo específico de cara a esta celebración, que se fará público en próximas datas.

Imaxes relacionadas