Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 30,7 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 20,30 h. desta tarde o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre.

O incendio iniciárase ás 11,33 h. da mañá e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 30,7 hectáreas, 30 delas arboradas e o resto rasas. Para o control deste lume mobilizáronse en total 2 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural