Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou controlado ás 19,53 h. desta tarde o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre.

O incendio iniciouse ás 11,33 h. e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume mobilizáronse ata o de agora 2 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural