Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou estabilizado ás 15,23 h. desta tarde o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre.

O incendio iniciouse ás 11,33 h. e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume mobilizáronse ata o de agora 1 axente, 10 brigadas, 4 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.