Activo un incendio forestal no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo arestora no concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre. O incendio iniciouse ás 11,33 h. e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas.

Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o control deste lume mobilizáronse ata o de agora 1 axente, 10 brigadas, 4 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.