Trenor analiza cos representantes do sector xudicial coruñés os retos a afrontar nesta lexislatura

A Coruña, 14 de outubro de 2020

O delegado territorial da Coruña na Xunta, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá varias reunións co Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, e co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes Pérez cos que falou sobre os principais retos a abordar nesta lexislatura

O representante do Goberno autonómico tamén mantivo encontros de traballo con Presidente da Audiencia Provincial, Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras e co fiscal xefe provincial, Javier Rey Ozores.

Trenor destacou que “este tipo de encontros teñen como obxectivo intercambiar impresións de primeira man cos representantes do sector xudicial para coñecer as súas inquedanzas coa finalidade de traballar xuntos e coordinados para seguir avanzando na prestación deste servizo esencial para a cidadanía”.

Imaxes relacionadas