A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Soutomaior

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Agustín Reguera, os temas relacionados coa Administración galega

Soutomaior (Pontevedra), 9 de outubro de 2020

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, trasladouse hoxe ata o Concello de Soutomaior no marco da rolda de contactos iniciada cos alcaldes tras tomar posesión como nova representante do Goberno autonómico na área territorial.

No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar co munícipe desta localidade pontevedresa, Agustín Reguera, os temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para o concello en materia de educación, saneamento ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
 

Imaxes relacionadas