A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visita a Asociación de Mariñeiros da ETEA e da Armada

Vigo, 7 de outubro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, trasladouse hoxe ata a sede da Asociación de Mariñeiros da Etea e da Armada (Marinetea) no marco da rolda de contactos iniciada cos colectivos sociais e empresariais con representación na área territorial.

A nova representante autonómica foi recibida a súa chegada polo presidente desta entidade, Carlos Pérez, e os membros da xunta directiva, e tivo oportunidade de firmar no libro de honor.

Imaxes relacionadas