A Xunta inicia as obras de rehabilitación do firme na travesía do Pindo, no concello de Carnota

Esta actuación, cun investimento de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes

Actúase no tramo da travesía da vía autonómica AC-550 con maior grado de desgaste e polo que discorrerá proximamente a Volta Ciclista a España

Trabállase no fresado parcial da capa de rodaxe e na extensión dunha nova capa en toda a superficie dos dous carrís

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de rehabilitación do firme na estrada autonómica AC-550, no entorno da travesía do Pindo, no municipio de Carnota.

Os traballos, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, contan cun prazo estimado de execución de 1 mes.

Esta obra enmárcase nas actuacións de conservación da rede viaria autonómica e ten por finalidade mellorar o estado do firme da vía AC-550, que presenta un maior grado de desgaste no entorno da travesía do Pindo, polo que discorrerá proximamente a Volta Ciclista a España.

Os traballos céntranse entre os puntos quilométricos 11+050 a 11+800 e consisten no fresado parcial da capa de rodaxe e na extensión dunha nova capa a base de formigón bituminoso en quente a toda a superficie dos dous carrís.

Imaxes relacionadas