A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibe a colectivos sociais e a Federación Provincial da Hostalería

No marco da rolda de contactos iniciada pola nova representante autonómica se reuniu esta mañá na Delegación Territorial con Feprohos, a Favec e Cogami

Vigo, 6 de outubro de 2020

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe no seu despacho de Concepción Arenal a parte da xunta directiva da Federación Provincial de Empresarios da Hostalería (Feprohos), representada por su presidente César Ballesteros e Rubén Pérez, da Asociación de Comerciantes Náutico de Vigo.

Unha reunión que estivo focalizada principalmente polas dificultades ás que se enfronta o sector derivadas da pandemia. E neste contexto, Ballesteros celebrou a iniciativa da Xunta de Galicia para paliar as perdas que está a soportar o negocio do ocio nocturno.

A Xunta trasladou este luns aos empresarios do ocio nocturno un plan de reactivación do sector que incluirá axudas para o alugueiro, a celebración de concertos e o mantemento do emprego nestes locais. As medidas van dirixidas aos negocios que se viron obrigados a pechar, e que seguen pechados a día de hoxe -agás as terrazas-, tras a decisión adoptada polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades autónomas, para o conxunto de España.

Así, o Plan irá destinado a discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores. Cómpre lembrar que se trata do único sector pechado por completo por causa da pandemia.

O presidente de Feprohos salientou o acordo acadado este luns no seo do grupo de traballo que de forma semanal avalía os datos sanitarios sobre a evolución epidemiolóxica da covid-19 e as condicións e fases para que a apertura dos locais de ocio nocturno se poida realizar con todas as garantías de seguridade, en tanto en cuanto, dixo, “supón un balón de oxíxeno para o sector”. A este respecto, puxo en valor que sexa a galega a primeira administración en establecer esta liña de apoios “tan necesarios”.

Posteriormente, e no marco da rolda de contactos iniciada cos colectivos empresariais e sociais da cidade, Fernández-Tapias se reuniu con representantes da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec), que insistiron novamente no seu carácter dialogante e na implicación persoal da delegada co movemento veciñal.

Xa por último, coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) tivo a oportunidade de analizar as necesidades e inquietudes que lle manifestou este colectivo ao tempo no que se comprometeu a darlles traslado á Consellería competente, co obxectivo de avanzar nelas.

Imaxes relacionadas