A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe cos alcaldes dos respectivos municipios, Xosé Antonio Sánchez Bugallo e Rafael Sisto, o convenio para manter este servizo aos veciños do barrio de Teo

A Xunta e os concellos de Santiago de Compostela e de Teo renovan a prestación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos

O acordo hoxe rubricado permite manter estas expedicións que realiza desde 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago

Esta conexión entre a capital galega e a urbanización dos Tilos faise coa extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano

A liña 6 opera de luns a venres, de 7 a 22:50 horas, cada 20 minutos; os sábados, de 7:20 a 23 h.; e os domingos, de 7:30 a 23 h, cada 30 minutos

A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05

A Xunta, no marco do Plan de Transporte Público, incorporou novas conexións en autobús entre Teo e A Estrada

Tamén a principios de ano se mellorarán as comunicacións desde o centro de Santiago cara ás parroquias de Teo e de Ames, coa creación dunha liña circular

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

A Xunta e os Concellos de Santiago de Compostela e de Teo acordan a renovación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinou hoxe cos alcaldes dos respectivos municipios, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, e de Teo, Rafael Sisto, este acordo de colaboración.

Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade a estas expedicións que vén prestando desde o ano 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago de Compostela.

As viaxes aos Tilos lévanse a cabo nas mesmas condicións que calquera servizo de transporte urbano, en canto ás tarifas, aos descontos, ás frecuencias, aos horarios ou ás características dos vehículos.

Esta conexión en autobús entre a capital galega e a urbanización dos Tilos vénse desenvolvendo mediante a extensión das liñas 6 e 12 do transporte urbano.

A liña 6, entre San Marcos e Os Tilos, opera de luns a venres laborables, desde as 7 horas ata as 22:50 horas, cada 20 minutos. Os sábados, as viaxes efectúanse entre as 7:20 e as 23 horas, e os domingos, entre as 7:30 e as 23 horas, cada 30 minutos.

A liña 12, entre Os Tilos e os hospitais de Santiago, presta os servizos de luns a sábados laborables, desde as 7:15 ás 15:05.

Estas dúas rutas de transporte urbano realizan paradas nas rúas Ameneiro, Castiñeiro, Carballo e Bidueiro, na citada urbanización.

A Xunta continúa traballando na transformación do mapa de transportes da comunidade, que culminará a finais de ano. Neste sentido, o novo Plan de Transporte Público xa está a permitir a prestación de novas conexións en autobús entre os municipios da Estrada e Teo.

Ademais, coas novas concesións que entrarán en funcionamento a principios de ano, poranse en marcha melloras nas comunicacións desde o centro de Santiago cara ás parroquias de Teo e de Ames, coa creación dunha liña circular, e ampliaranse as frecuencias para facilitar o traslado desde Bertamiráns ao polígono Novo Milladoiro.

Itinerario e horarios da liña 6: San Marcos - Os Tilos

Ida
Volta
San Marcos

Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro

San Lázaro

Urbanización Os Tilos – rúa Carballo

Valiño
Castiñeiriño
Avda. Rodríguez de Viguri
Restollal
San Caetano
Pontepedriña
Pastoriza
Hórreo Estación
San Roque
Hórreo
Virxe da Cerca
Virxe da Cerca
Praza de Galicia
Porta do Camiño
A Rosa
San Pedro
Ambulatorio
Concheiros
Pontepedriña
Valiño
Restollal
San Lázaro
Castiñeiriño
San Marcos

Urbanización Os Tilos – rúa Ameneiro

 

Urbanización Os Tilos – rúa Castiñeiro

 

Urbanización Os Tilos – rúa Carballo

 

Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro

 

Ida
Volta
Luns a venres laborables
7:00 7:20 7:35

De 7:50 a 22:50 (cada 20 min.)

De luns a venres laborables
7:10

De 7:20 a 23:00 (cada 20 min.)

Sábados

De 7:20 a 15:00 (cada 20 min.)

De 15:00 a 23:00 (cada 30 min.)

Sábados

De 7:20 a 15:20 (cada 20 min.)

De 15:45 a 22:45 (cada 30 min.)

Domingos e festivos

De 7:30 a 23:00 (cada 30 min.)

Domingos e festivos

De 7:15 a 22:45 (cada 30 min.)

Itinerario e horarios da liña 12: Os Tilos - Hospitais

Ida
Volta

Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro

Hospital Provincial

Urbanización Os Tilos – rúa Carballo

Avda. Ferrol
Castiñeiriño
Rosalía de Castro
Restollal
Xoán Carlos I
Pontepedriña
Senra
Hórro Estación
Praza de Galicia
Hórreo
A Rosa
Senra
Ambulatorio
Xoán Carlos I
Pontepedriña
Rosalía de Castro
Restollal
Santa Marta
Castiñeiriño
Hospital Clínico

Urbanización Os Tilos – rúa Ameneiro

Aparcadoiro Santa Marta

Urbanización Os Tilos – rúa Castiñeiro

Hospital Provincial

Urbanización Os Tilos – rúa Carballo

 

Urbanización Os Tilos – rúa Bidueiro

Ida
Volta
Luns a sábados laborables

7:15 8:30 9:55 11:20 12:45 14:20

De luns a sábados laborables

7:50 9:15 10:40 12:00 13:30 15:05

 

Imaxes relacionadas